***
repertorio de frases rusas para caracterizar a unha musa ácrata-romántica, finalmente nacionalista; autores abandonados ou saudade da morte, pero era mentira
44=4+4=8+1999=1674=1+6+7+4=1+8=9=6, hexágono
44=4+4=8+1666=2007=2+0+0+7=9=6, hexágono
ou condición celular do mel que lle medraba a Píndaro baixo o ceo da boca
tombo subterráneo do vicerrei
en torno a ti, como tenue lóstrego marítimo
e o encontro fronte ao atol de coral branco e un vicerrei enlouquecido
Eugene, era o seu modo de concibir a resurrección
ese emblema que a poeta garda no corazón; a musa négase a que se reproduza o seu rostro
constrúe un ceo con restos de chalanas
en calquera paseo marítimo:
os visitantes da colonia
certas ideas anquilosadas ou irreais da musa, a súa adoración por Enma Bovary
as súas opinións sobre o mercado laboral e o traballo das mulleres
a paixón polo crime como mecanismo matemático
a paternidade da musa, a falta de esperanza
Quimera explicará que sen esperanza, a revolución, non é posible
a clandestinidade e os misterios físicos de Eugene
a confusión entre literatura e verdade
o seu avellentamento físico e mental, a detención do tempo
(Quimera e maría danse ao monte, perseguidas pola heroína das galaxias ou paxariños do campo que controla as cafeterías do porto)
atopan refuxio nun bar-oitentas
alguén tería que se ocupar dos Aspectos Básicos da sintaxe da miña escrita--------------------------------------------------